Ryan Adams dará o seu primeiro concerto na Coruña coa xira 'Heartbreaker’25 World Tour'


O recoñecido músico Ryan Adams actuará por primeira vez en Galicia coa súa xira 'Heartbreaker’25 World Tour', na que conmemora os 25 anos do seu álbum debut, 'Heartbreaker'. A cita será o próximo 30 de marzo no Palacio da Ópera de A Coruña, nun dos tres concertos únicos que ofrecerá en España, xunto a Madrid e Barcelona.
As entradas estarán dispoñibles a partir do 15 de novembro ás 10:00h en ataquilla.com. Adams, sete veces nominado aos premios Grammy, é considerado un dos compositores máis influentes do rock nas últimas décadas, cunha carreira que suma máis de trinta discos e que o consolidou como figura clave do folk e do country alternativo. O álbum Heartbreaker (2000), que centra esta xira, segue a ser un referente do xénero.
Ademais de 'Heartbreaker', Adams alcanzou gran popularidade co álbum 'Gold' (2001) e lanzou múltiples discos en estilos que van desde o punk ata o rock, incluíndo versións de álbums icónicos como '1989' de Taylor Swift ou 'Blood On The Tracks' de Bob Dylan. O seu estilo e talento atraeron a admiración de artistas como Elton John, Norah Jones ou Stephen King, quen comentou unha vez: “Non direi que Ryan Adams é o mellor compositor norteamericano desde Neil Young, pero tampouco direi que non o é”.
