Rueda promete a gratuidade da matrícula universitaria e a rebaixa do imposto de sucesións

ACoruñaXa
O actual presidente engade para esa primeira etapa de goberno a gratuidade dos primeiros gastos para adoptar un animal de compañía, o custo cero do chan empresarial público durante 8 anos e o inicio da construción de 375 vivendas de promoción pública
Alfonso Rueda e Diego Calvo no mitin de Ferrol celebrado onte
14 Feb 2024

O presidente da Xunta e candidato do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, pediu en onte nun mitin en Ferrol, coa participación do cabeza de lista pola provincia da Coruña, Diego Calvo, da candidata Martina Aneiros e do alcalde José Manuel Rey Varela, o voto maioritario dos galegos para que "desde o mesmo día 19 de febreiro o Goberno comece a traballar".

O popular comprometeuse a poñer en marcha nos 100 primeiros días medidas como a gratuidade da matrícula universitaria; a rebaixa do impostos de sucesións para irmáns, tíos e outros parentes; a gratuidade dos primeiros gastos para adoptar un animal de compañía; custo cero durante oito anos do chan público empresarial; e iniciar a construción de 375 vivendas de promoción pública.

Alfonso Rueda afirmou que quere poñerse a gobernar desde o primeiro día, polo que avanzou que "desde o mesmo 19 de febreiro poñerémonos a traballar para aprobar un bo número de medidas nos 100 primeiros días de goberno". Neste sentido, indicou que «para que che tomen en serio hai que facer propostas serias», polo que asegurou que "non perderemos o tempo para ver a que temos que renunciar, como traen os gobernos de coalición de esquerdas".

Deste xeito afirmou o seu compromiso de aplicar diversas medidas recollidas no programa electoral do PPdeG: a matrícula universitaria gratuíta de cada materia en todos os cursos; iniciar a rebaixa do imposto ás herdanzas para irmáns, tíos e outros parentes, á vez que se mantén a práctica eliminación para fillos e pais; a gratuidade do chip e primeiras vacinas dos animais de compañía que se adopten; chan público empresarial da Xunta a custo cero durante os primeiros 8 anos de actividade; e iniciar a construción das 375 primeiras vivendas de promoción pública, das máis de 4.200 previstas para toda a lexislatura.

O presidente do PPdeG sosteu que teñen un programa electoral para desenvolver nos próximos catro anos con 872 medidas, todas elas taxadas e aprobadas polo conselleiro de Facenda, polo que agora o seu pacto é con todos os galegos, e afirmou que eles serán os únicos que terán que perdilles contas.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18728709220886