Rueda celebra na Xunta Directiva Provincial do PP na Coruña o triunfo histórico alcanzado o 18F
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, celebrou hoxe na Xunta Directiva Provincial do Partido Popular da Coruña o fito histórico alcanzado polo partido na provincia, que acadou uns resultados excepcionais nas eleccións autonómicas. O presidente da Xunt estivo acompañado do partido na provincia, Diego Calvo e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.
O PPdeG logrou conquistar 13 escanos na provincia da Coruña, sumando case o 48% do total dos votos emitidos, o que supón que case a metade dos coruñeses elixiron a papeleta do PPdeG o 18-F. En total, 26.400 sufraxios máis que en 2020 e 12.500 votos máis que a suma de BNG e PSOE.
Alfonso Rueda resaltou a importancia deste logro para o futuro de Galicia, enfatizando o compromiso de seguir superándose cada día grazas a un goberno marcado pola dignidade, a responsabilidade e o sentidiño.
Este respaldo masivo reafirma o compromiso do PPdeG coas necesidades e aspiracións da cidadanía, así como coa súa capacidade para ofrecer solucións efectivas, moi afastadas do barullo que un multipartito suporía para Galicia.
Pola súa banda o presidente provincial do PP da Coruña, Diego Calvo, tamén se mostrou moi satisfeito cos resultados electorais, pois a provincia da Coruña achegou o 41% dos votos á primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda. Ademais, A Coruña converteuse na provincia onde máis concellos se gañaron.
O líder do PPdeG na Coruña afirmou a súa responsabilidade tanto coa provincia como con todos e cada un dos concellos, desde o primeiro ata o último veciño, comprometéndose a non defraudar a ninguén.
Calvo agradeceu a todos os alcaldes e portavoces da provincia, así como aos militantes e afiliados a súa axuda, en campaña electoral e todos os días do ano, xa que eles son a voz e a cara do PPdeG en cada recuncho da provincia.