O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.
Recollerán doazóns de sangue en Betanzos o 8 e 9 de abril
A unidade móbil de doazón de sangue estará en Betanzos o luns e martes, 8 e 9 de abril, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo o luns 8 de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 21.00 horas e o martes 9 de marzo, de 16.00 horas a 21.00 horas na praza dos Irmáns García Naveira.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade. Cada día manteñen abertos os locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazamos dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais.
Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano. O obxectivo é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.
Tamén dispoñen dun teléfono gratuíto para solicitar autocita para doar sangue de xeito cómodo e seguro 900 100 828.