Recollen doazóns de sangue este luns 23 de decembro en Carral


A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) organiza unha nova xornada de recollida de doazóns en Carral o próximo luns, 23 de decembro. A unidade móbil estará situada no Campo da Feira, onde atenderá ás persoas doantes en dous turnos: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
ADOS lembra a importancia de acudir almorzado e, se se acudiu despois de xantar, agardar un mínimo de dúas horas. Ademais, é necesario levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar. A doazón de sangue é un xesto altruísta que salva vidas e supón un agasallo especialmente necesario nesta época do ano.
