Recollen doazóns de sangue en Sada o 17 de xaneiro

ACoruñaXa
A unidade móbil estará diante da Casa da Xuventude do municipio
Imaxe dun autobús de doazóns de sangue
12 Jan 2025

O próximo venres 17 de xaneiro, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase a Sada para facilitar a doazón de sangue. O autobús instalarase diante da Casa da Xuventude (OMIX) e estará operativo en horario de 15:45 a 21:00 horas.

A doazón de sangue é un acto de solidariedade fundamental, xa que o sangue non se pode fabricar e só se pode obter grazas á xenerosidade das persoas doantes. En Galicia son necesarias 450 doazóns diarias para atender as necesidades dos hospitais e centros de saúde.

Estas doazóns permiten realizar intervencións cirúrxicas, tratar anemias, hemorraxias ou enfermidades como o cancro e a leucemia, así como asistir a vítimas de accidentes e pacientes que precisan transplantes de órganos. A colaboración cidadá é imprescindible para manter este recurso vital dispoñible.

Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar co teléfono gratuíto 900 100 828 ou informarse a través da páxina web da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

0.086416959762573