Recollen doazóns de sangue en O Temple (Cambre) o luns 9 de decembro
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) organizará unha recollida de doazóns de sangue no Temple (Cambre) o próximo luns, 9 de decembro. A unidade móbil instalarase diante da parada de taxis da rúa Tapia e estará operativa en horario de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
Desde ADOS lembran que Galicia precisa máis de 400 doazóns de sangue diarias para abastecer os hospitais e salvar vidas. Para doar é necesario almorzar e esperar dúas horas despois de xantar, ademais de levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Recomendan tamén informar ao médico se se está a tomar algún tipo de medicación.
Poderán doar aquelas persoas maiores de 18 anos que pesen máis de 50 kg. Segundo ADOS, “con só 10 minutos do teu tempo podes axudar a salvar vidas”. A campaña conta co apoio da empresa S2M.