Que facer esta fin de semana do 5 ao 7 de xullo na Coruña e arredores?

ACoruñaXa
En ACoruñaXa recompilamos os mellores plans para esta fin de semana preto da cidade da Coruña
Imaxe do ocio na Coruña do 5 ao 7 de xuño
5 Xul 2024

Este fin de semana do 5 ao 7 de xullo a oferta cultural na comarca da Coruña é moi variada: dende humor, unha viaxe á época medieval co Mercado Templario de O Burgo e música variada para todos os gustos.

O venres 5 de xullo, ás 20.00 horas, o cómico Manu Chacón presentará no Auditorio de Afundación na Coruña o seu primeiro show en vivo ‘No disparen al cómico’, onde reflexiona sobre o sentido da comedia a través dunha experiencia interactiva usando a improvisación como fío condutor.

O Concello de Culleredo trasládase á época dos cabaleiros templarios para celebrar o seu xa tradicional ‘Mercado Templario’ no paseo marítimo do Burgo. Deste xeito, do xoves 4 ao domingo 7 de xullo, o mercado medieval será o núcleo de actividades culturais e de entretemento con actuacións musicais en vivo, desfiles coloridos e exhibicións dinámicas. Nel, artistas e músicos recrearán melodías históricas, mentres os desfiles ofrecerán un ambiente vibrante e festivo. Ademais, haberá demostracións de habilidades marciais e acrobacias, mantendo aos espectadores marabillados e postos de artesanía e comida.

Os amantes da música están de sorte porque se algo nos faltará este fin de semana é precisamente a música. Na cidade de Betanzos celebra-se no parque do Pasatempo o Festival do Pasatempo do venres 5 ao sábado 6, con actuacións de Andrés Suárez e Paula Mattheus o venres, e de David Gustamante e a galega Sabela o sábado.

Doutra banda, os amantes do jazz están de sorte pois tanto na cidade da Coruña como en Culleredo haberá actuacións musicais deste estilo. En Culleredo, celebrase a XXIII edición do Festival Burgojazz no Xardín Botánico do Burgo, do 5 ao 8 de xullo. O venres haberá un concerto de apertura da man da Academy Quintet do Conservatorio e as actuacións de Cris Regueiro Trío ás 21.00 horas. O sábado, o festival contará co GDJAZZ 5TET ás 20.30 horas e o Cuarteto Emigrante ás 21.50 horas. Mentres que o domingo actuarán Pablo Sanmamed Trío e Benxamín Otero ás 20.30 horas, seguidos de Gabi Triana Quintet ás 21.50 horas.

Por outra banda, A Coruña acolle nestas datas o Festival Internacional +QJazz e o venres 5 haberá un concerto do James Carter Organ Trio no Garufa Club ás 22.00 horas, onde tamén terá lugar a actuación de Los Hot Chocolates o sábado 6 ás 22.30 horas.

Tamén, o domingo 7 comeza o festival Atlantic Pride na cidade, que traerá na Fundación Luis Seoane os concertos de Eris Mackenzie (20.00 horas), Eme DJ (ás 21.00 horas), Supremme De Luxe (ás 22.00 horas) e Eme DJ (ás 23.00 horas).

0.18986105918884