Predif organiza un curso destinado a mulleres con discapacidade en risco de exclusión

ACoruñaXa
O obxectivo do curso gratito é formar a profesionais para traballar como asistentes personais
Imaxe recurso discapacidade e inclusión
24 Mar 2024

A Plataforma Representativa Estatal de personas con Discapacidad Física de Galicia (Preridef) organiza un curso de formación gratuito dirixido a mulleres en risco de exclusión social. O obxectivo do curso é formar a profesionais para traballar como asistentes personais.

O curso será cunha parte en liña e tres sesións presenciais na Coruña os días 9, 10 e 11 de abril polo que as interesadas terían que poder acudir eses tres días ao centro cívico de Castrillón da Coruña en horario de 9.30 a 14.00 horas. Todas as participantes que logren finalizar o curso positivamente pasarán a formar parte da bolsa de emprego de PREDIF Galicia e algunhas delas empezarán a traballar este ano co proxecto piloto do servizo.

A iniciativa forma parte do programa 'Empoderamento, prevención e detección da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade: a tripla mirada da asistencia persoal' baseado no empoderamento das mulleres con discapacidade e/o en risco de exclusión para que a través da asistencia persoal poidan desenvolver o seu proxecto de vida e detectar e evitar situacións de violencia de xénero.

Para acadar o seu obxectivo pretende fácelo a través de diferentes eixos de actuación:

  • Sensibilización: Empoderamento, prevención e detección da violencia de xénero: Realizaranse actividades para que o conxunto da sociedade e as mulleres con discapacidade e/ ou en risco de exclusión social saiban detectar e previr situacións de violencia por razón de xénero.
  • Formación en desinstitucionalización e asistencia persoal. Formar a mulleres en situación e/o en risco de exclusión social cunha metodoloxía teórico-práctica e nun formato semipresencial que lles permita adquirir unha cualificación profesional para posibilitar a súa inclusión laboral como asistentes persoais.
  • Proxecto piloto do servizo de asistencia persoal: Empoderar a mulleres con discapacidade e/o en situación de dependencia a través do servizo de asistencia persoal mediante a contratación de mulleres en risco de exclusión social que pasaron a formar parte da bolsa de emprego dos servizos integrais de asistencia persoal de Confederación Impulsa Igualdade España tras superar con éxito a formación en asistencia persoal.

 

 

 

 

0.19284009933472