Portos de Galicia activa a solicitude de departamentos para mariñeiros no porto de Lorbé

ACoruñaXa
O prazo permanecerá aberto durante 20 días hábiles e a tramitación deberá realizarse de forma electrónica a través da Sede da Xunta
Imaxe aérea do porto de Lorbé (Oleiros)
5 May 2026

Portos de Galicia abriu este martes, 5 de maio, o prazo para presentar solicitudes na convocatoria pública destinada ao outorgamento dos permisos de uso dos departamentos para mariñeiros no porto de Lorbé, situado no municipio coruñés de Oleiros.

O procedemento, publicado este luns no Diario Oficial de Galicia, establece un período de 20 días hábiles para que as persoas interesadas poidan formalizar a súa petición. As solicitudes deberán tramitarse exclusivamente por vía electrónica mediante o modelo IF500B, dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación completa da convocatoria pode consultarse na páxina web de Portos de Galicia, dentro do apartado de Comunicacións e avisos.

No proceso de adxudicación terán prioridade, por esta orde, as solicitudes presentadas por armadores, exportadores, persoas mariscadoras a pé ou recolectoras de recursos específicos e profesionais doutras actividades extractivas. Tamén se terán en conta as peticións de armadores de sétima lista.

Con esta convocatoria, o ente público adscrito á Consellería do Mar busca ordenar o uso destes espazos portuarios e facilitar a actividade diaria dos profesionais vinculados ao porto de Lorbé.

0.12390208244324