Portas Ártabras acolle mañá a presentación do traballo final de curso de Estudio de Teatro Casahamlet

Teatro Casahamlet en Portas ÁrtabrasO espazo da asociación de Amigos dos Museos de Galicia en Portas Ártabras na Coruña acolle este xoves 6 de xuño, ás 20 horas, a presentación do traballo final de curso de Estudio de Teatro Casahamlet: 'Xente de pálida pel'.
O proxecto é un traballo colectivo de alumnos e profesorado con dirección e dramaturxia de Santiago Fernández e inspirado en textos de Alonso de Santos, Manuel Lourenzo, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, W. Shakespeare, García Lorca… entre outros.
A entrada ao evento na rúa Sinagoga nº22 será de balde ata completar o aforo do local.