Portas Ártabras acolle mañá a presentación do traballo final de curso de Estudio de Teatro Casahamlet

ACoruñaXa
O proxecto é un traballo colectivo de alumnos e profesorado con dirección e dramaturxia de Santiago Fernández e inspirado en textos de célebres autores
Imaxe do cartel de presentación de 'Xente de pálida pel'
5 Jun 2024

O espazo da asociación de Amigos dos Museos de Galicia en Portas Ártabras na Coruña acolle este xoves 6 de xuño, ás 20 horas, a presentación do traballo final de curso de Estudio de Teatro Casahamlet: 'Xente de pálida pel'.

O proxecto é un traballo colectivo de alumnos e profesorado con dirección e dramaturxia de Santiago Fernández e inspirado en textos de Alonso de Santos, Manuel Lourenzo, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, W. Shakespeare, García Lorca… entre outros.

A entrada ao evento na rúa Sinagoga nº22 será de balde ata completar o aforo do local.

Teatro Casahamlet en Portas Ártabras
0.17674589157104