?> Portas Ártabras acolle este venres un coloquio literario dedicado á cultura en galego-portugués en ACoruñaXa

Portas Ártabras acolle este venres un coloquio literario dedicado á cultura en galego-portugués

ACoruñaXa
Nesta ocasión terá a palabra a profesora, investigadora e escritora Thayane Gaspar
Imaxe do cartel “CAFÉ COM PORTUGUÉS”
Imaxe do cartel “CAFÉ COM PORTUGUÉS”
Redacción ACoruñaXa
25 abr 2024

O espazo de Portas Ártabras dos Amigos dos Museos de Galicia convertérase este venres 26 de abril, ás 19.30 horas, no espazo literario escollido para 'Café com Portugués', tempo dedicado á cultura en galego-portugués, divulgando libros, artigos, poesía, música e intercambio de experiencias. A entrada ao evento é libre ata completar aforo.

Nesta ocasión terá a palabra a profesora, investigadora e escritora Thayane Gaspar coa que teremos a oportunidade de falar con ela sobre o seu traballo a prol da lingua e da cultura galega no Brasil e da súa novela en prosa poética que cuestiona o concepto de amor romántico.

Thayane Gaspar é doutoranda de Ciencia da Literatura na Universidade Federal de Río de Janeiro (UFRJ) e profesora convidada no Programa de Estudos Galegos na Universidade Estatal de Río de Janeiro (UERJ). Divulgadora da lingua, da cultura e da literatura galegas no Brasil. Publicou o libro Nossa Concha de Retalhos, pola Editoral Galega Menino Morreu (2022).

 

Café com Portugués Thayane Gaspar