Portas Ártabras acolle a presentación do poemario 'Dispersión' de Ana López

ACoruñaXa
Este poemario móvese na atmósfera desestabilizadora da bruma, é nunha perigrinaxe íntima coa luz e contra a luz á procura dunha transparencia que perfore a opacidade dunha multitude alienada
Imaxe do cartel da presentación de 'Dispersión' de Ana López
Imaxe do cartel da presentación de 'Dispersión' de Ana López
21 Maio 2024

O mércores 22 de maio, o espazo en Portas Ártabras de Amigos dos Museos de Galicia acollerá a presentación do poemario de Ana López titulado 'Dispersión' editado por Endymión. Presentará Olga Patiño Nogueira (poeta e prologuista). O acto contará con acompañamento musical.

O acto, que comezará ás 20.00 horas, contará con acompañamento musical. A entrada será libre ata completar aforo.

Este poemario móvese na atmósfera desestabilizadora da bruma, é nunha perigrinaxe íntima coa luz e contra a luz á procura dunha transparencia que perfore a opacidade dunha multitude alienada.

Os poemas que compoñen este libro son o fluxo e o refluxo dunha onda á procura dun ideal que quizais nunca chegue a alcanzar; por veces sucumbe a desesperanza, ese mal existencial que nos alonxa da voz reconfortante que latexa no noso interior, máis sempre logra poñerse en pé e proseguir a viaxe sostida polos soños.

 

Ana López presenta Dispersión
0.18103885650635