Papá Noel visitará aos cativos de Carral este luns 23 de decembro

ACoruñaXa
Unha tarde de diversión, xogos e agasallos no Campo da Feira
papá noel carral
21 Dec 2024

Este luns, 23 de decembro, Papá Noel achegarase a Carral para facer as delicias dos máis pequenos. A súa visita terá lugar no Campo da Feira entre as 18:00 e as 20:00 horas, pero a festa comezará antes, ás 17:00 horas, cunha programación especial de animación, bailes e xogos da man dos elfos máis máxicos.

A xornada rematará ás 20:30 horas coa entrega de agasallos do "Concurso de Decoración de Nadal".

⚙ Configurar cookies
0.077855825424194