Panorama París de Noia e Olympus lideran o cartel das Festas de Ordes 2026

As Festas de Ordes consólidanse un ano máis como unha das citas obrigatorias do verán na provincia ao asegurar no seu cartel de agosto o regreso simultáneo das tres grandes potencias da verbena galega Panorama París de Noia e Olympus.
O regreso destas formacións de primeiro nivel ao centro urbano garante unha mobilización masiva de mozos e familias de toda a comarca o que supón un impacto económico directo e un cheo absoluto para o comercio e a hostalería local durante as cinco xornadas de celebración.
Máis alá do gran reclamo das verbenas nocturnas o programa mantén o seu forte arraigo identitario ao xirar arredor dos seus dous días grandes o sábado 15 co Día de Santa María e o domingo 16 co Día do Emigrante dúas xornadas onde as sesións vermú a música tradicional dos pasarrúas e os actos relixiosos reúnen aos veciños que regresan ao municipio polas vacacións de verán.