Palexco acolleu o 36º Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos

ACoruñaXa
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apuntou no evento que: “A Coruña tiene todas las potencialidades para situarse en el top 5 de destinos MICE en España”
Imaxe dos organizadores do 36º Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos (OPCE) na Coruña
Imaxe dos organizadores do 36º Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos (OPCE) na Coruña
23 Feb 2024

A Coruña posiciónase como destino MICE de referencia coa celebración do 36º Congreso Nacional de Organizadores Profesionais de Congresos (OPCE),  (OPCE), o maior congreso de profesionais do sector a nivel nacional que terá lugar ate o próximo sábado 24 en Palexco.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interviu este xoves no evento. “Es un placer contar con más de 300 profesionales en la organización de congresos y eventos a nivel nacional. Un paso más en el posicionamiento de A Coruña como destino MICE”, sinalou a rexedora.

Baixo o lema 'COMPROMISO 360º', o sector aposta  pola necesidade de promover a responsabilidade social na organización de eventos como feito diferencial, atendendo a temáticas como a sostibilidade, a intelixencia artificial ao servizo do MICE, a xestión de patrocinios ou o compromiso das liñas aéreas reguladas baixo este tipo de turismo. A alcaldesa explicou que “A Coruña tiene todas las potencialidades para situarse en el top 5 de destinos MICE en España” e puxo en valor os diferentes recintos da cidade.

Inés Rey, tamén lembrou que o pasado ano, Palexco chegou a cifras récord reunindo a máis de 87.000 persoas e que a data de hoxe hai case 30 congresos programados. Durante os vindeiros meses terán lugar na Coruña diferentes eventos como o 69º Congreso da Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria, a 28ª Reunión da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría (SEUP), o 34º Congreso Nacional da Sociedade Española de Fertilidade (SEF), a 30ª edición do Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia (SEMG), BioCultura ou Galicia Fórum Gastronómico. Rey destacou a celebración de encontros tecnolóxicos como un feito diferencial da estratexia turística da cidade, con foros como Mundos Digitales ou Ecosystems 2030, do que A Coruña é sede permanente. “Sin duda ya está siendo un gran revulsivo para la celebración de congresos tecnológicos en A Coruña”, concluíu.

0.083994150161743