Paderne xestiona coa Deputación a retirada dunha árbore que dificultaba o tráfico na estrada cara a Betanzos e Vilarmaior

A actuación consistiu na retirada dunha árbore que estaba a obstaculizar a circulación nunha estrada de titularidade provincial, no tramo que conecta Betanzos con Vilarmaior. O Concello de Paderne explica que trasladou a incidencia á área de Vías e Obras da Deputación da Coruña e que, tras a petición municipal, a situación xa quedou resolta
Desde o goberno local sinalan que este tipo de episodios lles preocupa e que o están a seguir 'coa máxima atención', pero matizan que non sempre a resposta pasa por cortar árbores de maneira inmediata. Segundo indican, en moitos casos trátase de fincas privadas con propietarios, polo que a administración non pode intervir directamente sen cumprir os procedementos legais correspondentes
O Concello engade que continuará realizando as xestións necesarias para buscar unha solución no menor prazo posible dentro do marco legal, e agradece á Deputación da Coruña ter atendido a solicitude nun contexto de elevada demanda nos últimos días.