Oza-Cesuras organiza unha excursión a Vilanova de Cerveira
O Concello de Oza-Cesuras organiza unha nova excursión a localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira o vindeiro sábado 20 de abril.
A actividade está destinada á veciñanza do municipio e durante ela visitárase o peculiar mercado deste pobo da fronteira portuguesa con Galicia.
Dende a institución local informan de que participar nela será totalmente gratuíto e de que as prazas serán limitadas, polo que é preciso anotarse de xeito presencial no Concello ou de forma telefónica nos números 981 792 000 e 981 790 001.
A veciñanza contará con dous posibles puntos de recollida: o primeiro ás 8.15 horas do sábado 20 de abril no parque das Nenas de Cesuras e o segundo, ás 8.30 horas na parada de taxis de Oza. Todos os participantes deberán facerse cargo do xantar que será completamente libre pola vila.