Os veciños do Temple lanzan unha campaña solidaria de recollida de alimentos para o Nadal
ACoruñaXa
A iniciativa busca recoller alimentos non perecedoiros e produtos típicos destas datas para apoiar á despensa municipal
3 Dec 2024
A Asociación de Veciños O Temple iniciou unha campaña solidaria de recollida de alimentos co fin de apoiar ás familias máis necesitadas durante estas festas. A recollida realizarase na súa sede, situada no Edificio de Servizos Múltiples do Paseo Marítimo, os martes e os xoves, de 12:00 a 13:30 horas.
Os veciños poderán achegar alimentos non perecedoiros, especialmente aceite, leite, azucre, galletas, cacao, legumes, e tamén produtos típicos do Nadal como doces e panettones. Ademais, faise un chamamento especial para recoller produtos de alimentación infantil, como cereais ou potitos.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 673 66 10 58 ou enviar un correo electrónico a aavvotemple@gmail.com