Os veciños de Meicende solicitan axuda ao Goberno para frear a venda de droga

ACoruñaXa
O Concello solicitou o aumento de efectivos da Garda Civil para combater o trapicheo e solicita a participación da subdelegadado Goberno nunha reunión coa veciñanza
Meicende
16 Feb 2024
O concello de Arteixo acordou cos veciños de Meicende solicitar a presenza da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, nunha reunión pública que se realizará no centro cívico de Meicende nos vindeiros días.
A proposta parte do acordo ao que chegou o alcalde de Arteixo Carlos Calvelo de buscar solucións ao repunte das vendas de droga na zona, través unha maior presenza da Garda Civil na rúa e de potenciar as investigacións das forzas de seguridade encargadas de desmantelar os puntos de venda de droga, verdadeira raíz do problema do aumento da inseguridade en Meicende.
Pola súa banda a policía local de Arteixo está a intensificar os controis de seguridade en Meicende debido a este aumento da venda de drogas a pequena escala e as consecuentes molestias e sensación de inseguridade que causan en veciños e comerciantes. O concello xa solicitara á Garda Civil que aumente o número de efectivos na zona para combater esta venda que, aínda que a pequena escala, suscitou as queixas de comerciantes e veciños.
0.1448438167572