Os socialistas do interior coruñés advirten que "2025 será outro ano perdido para a comarca" nos orzamentos da Xunta

ACoruñaXa
Denuncian a escasa asignación orzamentaria para infraestruturas e servizos fundamentais nunha comarca sen grandes investimentos
Imaxe da socialista Silvia Longueira
22 Oct 2024

Os socialistas do interior da provincia da Coruña lamentan que "2025 será outro ano perdido para a comarca" segundo os orzamentos presentados pola Xunta de Galicia. A deputada socialista Silvia Longueira, responsable da área no Parlamento galego, cualificou os orzamentos de "moi febles" para a zona, que inclúe concellos desde Arzúa ata Vilasantar.

Longueira destacou que "só se inclúe unha axuda para o inicio da potabilizadora en Frades", un proxecto solicitado polo PSdeG desde 2019, pero que non apareceu nos orzamentos ata cinco anos despois. "Non hai rastro de investimentos en saneamento no polígono industrial", sinalou, lamentando que a comarca quede sen investimentos en infraestruturas e servizos cidadáns.

0.20167398452759