Os socialistas de Arteixo esixen melloras na iluminación do túnel no paseo fluvial de Vilarrodís

ACoruñaXa
Advirten da inseguridade que xera a escuridade total do paso, especialmente a partir das seis da tarde
Túnel de Vilarrodís
10 Dec 2024

O grupo municipal socialista de Arteixo vén de alertar sobre as condicións de inseguridade no paseo fluvial de Vilarrodís, especialmente no túnel que atravesan moitos veciños durante as súas andainas. A falta de iluminación no paso subterráneo provoca que quede completamente ás escuras cando cae a noite, situación que describen como “inaceptable”.

Martín Seco, portavoz dos socialistas, reclamou ao goberno local “a inmediata mellora da iluminación e o acondicionamento do túnel para garantir a seguridade da veciñanza que emprega o paseo”. O político subliñou que esta situación é particularmente grave a partir das seis da tarde, cando a falta de luz natural fai impracticable o uso seguro da infraestrutura.

O grupo socialista insiste en que o paseo fluvial é un recurso moi utilizado pola cidadanía e que debe cumprir con condicións adecuadas para o seu uso, especialmente nas zonas máis vulnerables como o mencionado túnel.

⚙ Configurar cookies
0.80739593505859