Os Reis Magos visitarán Miño este 5 de xaneiro cunha intensa xornada de actividades

ACoruñaXa
As súas maxestades percorrerán pola mañá as parroquias do municipio e pola tarde desfilarán no casco urbano, rematando cunha gran festa infantil
Cabalgata reyes Miño
2 Jan 2025

Este domingo, 5 de xaneiro, Miño encherase de maxia coa visita das súas maxestades os Reis Magos de Oriente. A xornada comezará pola mañá cun percorrido polas parroquias do municipio, onde os Reis saudarán ás nenas e nenos e recollerán as súas peticións.

O itinerario matutino será o seguinte:

  • Leiro (rúa Vella) ás 10:30 horas
  • Centro Social de Carantoña ás 10:40 horas
  • Centro Social de Viadeiro ás 10:50 horas
  • Centro Social de Bemantes ás 11:10 horas
  • Centro Social de Callobre ás 11:30 horas
  • Sombreu ás 12:00 horas
  • Pistas de Bra ás 12:15 horas
  • Centro Social do Ponte do Porco ás 12:30 horas
  • Campo de San Paio ás 13:00 horas
  • Centro Social de Xarío ás 13:30 horas
  • Aparcadoiro público na rúa A Fraga de Costa Miño ás 14:00 horas

Pola tarde, a partir das 18:30 horas, comezará a tradicional cabalgata no casco urbano de Miño. As carrozas reais percorrerán a rúa da Barrosa, a rúa da Carreira, a Estrada da Praia, as rúas do Mercado, Pumariega e Rabazal, así como as rúas Cobo e Marismas, ata chegar ao pavillón municipal.

No pavillón terá lugar a recepción real, onde os Reis Magos falarán cos máis pequenos e compartirán momentos de ilusión. Ademais, haberá unha gran festa infantil con inchables, obradoiros e grandes xogos para toda a familia.

Dado que as previsións meteorolóxicas anuncian posibles choivas, o Concello de Miño recomenda estar atentos ás súas redes sociais para posibles modificacións no programa.

0.14975500106812