Os Reis Magos visitarán as parroquias de Ordes cunha Cabalgata chea de maxia e ilusión
ACoruñaXa
O percorrido inclúe 15 paradas en diferentes puntos do municipio o vindeiro 5 de xaneiro
30 Dec 2024
O Concello de Ordes celebrará este 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis, que levará a maxia de Melchor, Gaspar e Baltasar a 15 puntos do municipio. A comitiva real percorrerá todas as parroquias, comezando ás 10:30 horas en Pereira e rematando ás 13:55 horas en Buscás.
Os Reis Magos estarán acompañados dos seus séquitos e repartirán ilusión a nenos e nenas en espazos como locais sociais, campos da festa e cruces destacados. Ademais, cada parada contará cun ambiente festivo que permitirá á veciñanza compartir momentos inesquecibles cos máis pequenos.
Percorrido completo e horarios
- Pereira (Local Social): 10:30 horas
- Beán (Campo da Festa): 10:45 horas
- Montao (Campo da Festa): 11:05 horas
- Parada (Campo da Festa): 11:20 horas
- Lesta (Local Social): 11:35 horas
- Bailía (Local Social): 11:45 horas
- Mercurín (Local Social): 12:00 horas
- Leira (Campo da Festa): 12:15 horas
- Ardemil (Exp. Rest. Avelino): 12:30 horas
- A Baixa (Local Social): 12:45 horas
- Adrán (Cruce Marquesina): 12:55 horas
- Vilamaior (Anexo Igrexa): 13:10 horas
- Barbeiros (Campo da Festa): 13:25 horas
- Poulo (Local Social): 13:40 horas
- Buscás (Local Social): 13:55 horas
Desde o Concello convidan á veciñanza a participar nesta xornada tan especial e a gozar dunha festa que enche de alegría cada recuncho de Ordes.