Os praceiros do mercado de Monte Alto recibirán unha redución do 50% do canon

ACoruñaXa
A medida foi anunciada pola alcaldesa Inés Rey nunha rolda de prensa celebrada despois da reunión deste mércores da Xunta de Goberno Local
Imaxe do mercado municipal de Montealto na Coruña
6 Mar 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña acordou este mércores unha redución do 50% do canon asociado ás concesións do mercado de Monte Alto para o que resta deste ano.

“Na Xunta de Goberno Local de finais de xaneiro aprobamos suspender os prazos das concesións aos praceiros de Monte Alto ata que se completen as obras de rehabilitación do mercado. É dicir, que o período de execución das obras non computará como tempo transcorrido para os efectos das concesións en vigor de praceiras e praceiros. A esta medida aprobada en xaneiro aparellamos hoxe unha máis, para apoiar as praceiras e praceiros mentres estén a desenvolver a súa actividade no mercado provisional da praza Indalecio Prieto”, explicou Inés Rey na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.

Por iso, con efecto retroactivo desde o pasado 1 de febreiro, e ata finais deste exercicio, reducirase á metade o canon que pagan as e os concesionarios.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18426990509033