Os populares de Oleiros sinalan as medidas do alcalde contra as plantas de plumachos

ACoruñaXa
O PP denuncia que o Concello remitiu nas últimas semanas cartas aos veciños do municipio pregándolles que eliminen las plantas de plumachos das súas fincas cando eles mesmos non o fan sobre os terreos baixo a súa competencia
Imaxe dunha finca propiedade do Concello de Oleiros con plantas de plumachos
29 Feb 2024

O Partido Popular de Oleiros denuncia que o alcalde, Ángel García Seoane, remitiu nas últimas semanas cartas aos veciños do municipio pregándolles que eliminen las plantas de plumachos das súas fincas cando el mesmo non o fai sobre os terreos baixo a competencia do Concello.

Ademais, os populares sinalan que nas cartas de advirte aos veciños de Oleiros das posibles consecuencias se non cumpren coa medida. “Descoñécese se o alcalde incluíuse a si mesmo na relación de destinatarios a quen advirte da obrigación de erradicar a herba da pampa -ou plumachos- das leiras privadas dos oleirenses, pero o que é evidente é que decidiu facer caso omiso á medida en leiras que son da súa propiedade”, declarou Loli Silva, portavoz municipal do Partido Popular, ante a insólita situación creada polo Concello coa erradicación da herba da pampa.

Desde o Partido Popular sinalan que levan anos denunciando os riscos ambientais que supón esta especie invasora para a flora autóctona e a necesidade de implantar medidas integrais que permitan a erradicación da herba da pampa no territorio. "De nada serve tratar unha zona, deixando sen atender unha leira uns metros máis aló xa que, en breve, volverá colonizar as áreas tratadas. É preciso que os labores de eliminación da especie aplíquense de maneira xeneralizada nun mesmo período de tempo", apuntan. Por iso ven "escandaloso e incongruente que o alcalde se atreva a esixir aos demais o que el mesmo non practica mentres os plumachos campan ás súas anchas en leiras da súa propiedade".

0.16290187835693