Os populares de Betanzos piden ao Concello compromiso na conservación do Meneo e do Mandeo

ACoruñaXa
Os populares presentarán unha moción no pleno do martes 27 de febreiro na que solicitarán un programa de equipamento e mantemento, a renovación do balizamento e un plan de actividades ligadas ao río
O río Mandeo ao seu paso pola parroquia de Chelo
23 Feb 2024

O Partido Popular de Betanzos defenderá unha moción, no pleno ordinario do próximo martes 27 de febreiro, na que insta o equipo de goberno local a implantar un plan regular de limpeza e mantemento dos ríos Mandeo e Meneo que permita a súa posta en valor como polos de atracción do turismo, o lecer e o deporte.

A iniciativa popular tamén propón que se elabore un programa de equipamento que permita dotar a estas contornas citadas das infraestruturas necesarias para convertelos nunha referencia de lecer e de desfrute para todos os veciños, visitantes ou persoas que elixan o municipio para as prácticas de deportes náuticos sempre nun marco de desenvolvemento sostible e de coidado e respecto ao medio ambiente.

Unha moción que tamén chama a atención sobre a necesidade de renovar o balizamento co obxecto de favorecer a entrada e saída de embarcacións. Canto máis tránsito fluvial haxa, menor será o depósito de sedimentos e será menos necesario a dragaxe da ría.

O Grupo Municipal Popular ve de igual maneira necesaria impulsar un plan de actividades ligadas ao río, contando coas entidades máis implicadas nestas cuestións, como é o caso de ARBE e Fundación Fragas do Mandeo. É tamén unha cuestión prioritaria a posta en marcha dun programa de voluntariado de Educación Ambiental en colaboración cos centros educativos de Betanzos.

Neste sentido, desde o PP insístese en que os máis pequenos son o futuro e só educándoos en valores e comportamentos responsables poderán adquirir unha sensibilidade sobre a necesidade da conservación e o respecto ao medio natural.

Como colofón, a moción popular insiste no imprescindible de fomentar plans de lecer alternativo atractivos para os amantes da natureza. Ademais, cre fundamental impulsar a creación de roteiros de sendeirismo correctamente sinalizadas.

Espiral positiva de esforzo, traballo e coñecemento

A portavoz popular Cecilia Vázquez, indicou que a moción do seu grupo pretende empuxar ao goberno local a asumir responsabilidades e a “liderar un plan tan necesario como ambicio-so para conservar a riqueza natural dos nosos ríos e que esta riqueza sexa un motor para o desenvolvemento económico sostible do municipio”.

“Unha estratexia, a de conservar e potenciar, a cal ten que aplicarse a noso importan-che patrimonio artístico cultural”. “Esa espiral positiva de esforzo, traballo e coñecemento é a que cremos e practicamos, se o goberno local asúmea, terán sempre a nosa man tendida” asegurou Cecilia Vázquez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17774701118469