Os Mercados Sostibles amplíanse a nove barrios da Coruña
O Concello da Coruña amplía as localizacións dos Mercados Sostibles a máis puntos da cidade co obxectivo de chegar a máis familias coruñesas. Esta iniciativa pioneira promovida polo Goberno de Inés Rey no pasado mandato súmase á organización dos Mercados Ecolóxicos avanzando cara unha cidade máis sostible, a través da promoción da economía circular e a compra responsable.
Os Mercados Sostibles teñen como temática é a sustentabilidade, a economía circular e a compra responsable aplicando a regra das 4R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar). Teñen un sistema rotativo que permite difundir por toda a cidade a filosofía deste tipo de compra. Dende a súa posta en marcha o pasado ano leváronse a cabo un total de 39 mercados, celebrados no Campo da Leña, Labañou, Mallos, Novo Mesoiro, Oza e Cidade Vella. Por eles pasaron preto de 20.000 persoas.
Co obxectivo de estender máis esta iniciativa e chegar a máis zonas da cidade, a partir de maio os mercados sostibles chegarán a máis localizacións, engadindo ás anteriores tres novas: Praza de Vigo, Paseo das Pontes e Praza de Pablo Iglesias. O Concello amplía así o mapa dos Mercados Sostibles, que chegarán a partir do próximo mes a 9 barrios da cidade.
Ata finais de ano, prevese a celebración dun total de 30 mercados entre ecolóxicos e sostibles.
Programación dos Mercados Sostibles ata finais de ano
Maio
Día 5 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 12 - Sostible Novo Mesoiro (Parque da Tirolina)
Día 19 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 26 - Sostible Mallos (Praza San Cristovo)
Xuño
Día 2 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 9 - Sostible Castrillón (Praza Pablo Iglesias)
Día 16 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 30 - Sostible Labañou (Praza da Tolerancia)
Xullo
Día 7 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 14 - Sostible Oza (Parque Europa)
Día 21 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 28 - Sostible Paseo das Pontes
Agosto
Día 18 - Sostible Praza de Azcárraga
Día 25 - Sostible Labañou (Praza da Tolerancia)
Setembro
Día 1 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 8- Sostible Castrillón (Praza Pablo Iglesias)
Día 15 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 22 - Sostible Paseo das Pontes
Día 29 - Sostible Praza de Vigo
Outubro
Día 6 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 13 - Sostible Novo Mesoiro (Parque da Tirolina)
Día 20 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 27 - Sostible Oza (Parque Europa)
Novembro
Día 3 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 17 -Ecolóxico Campo da Leña
Decembro
Día 1 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 8 - Sostible Mallos (Praza San Cristovo)
Día 15 - Ecolóxico Campo da Leña
Día 22 - Sostible Praza de Azcárraga
Día 29 - Sostible Praza de Vigo