Os mercados municipais da Coruña ofertan obradoiros de cociña para cativos este Nadal

O Concello da Coruña continúa coa súa aposta por unha programación de Nadal diversa e adaptada a todas as idades. Entre as actividades destacadas, os mercados municipais acollerán obradoiros de cociña infantil centrados en receitas típicas desta época festiva.
Segundo explicou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, “o Goberno de Inés Rey entende a importancia destas datas para os máis pequenos, así como a necesidade de conciliación das familias, polo que ofrecemos actividades que contribúan a gozar destas festas en comunidade”.
Os obradoiros realizaranse nos seguintes mercados:
- Durmideiras: 23 de decembro
- Elviña: 26 de decembro e 2 de xaneiro
- Monte Alto: 26 de decembro
- Eusebio da Guarda: 27 de decembro e 3 de xaneiro
- San Agustín: 27 de decembro e 3 de xaneiro
- Ramón Cabanillas: 2 de xaneiro
As sesións, que se celebrarán de 11:00 a 13:00 horas, son de balde e contan cun número limitado de prazas, dirixíndose a nenos e nenas de 7 a 12 anos.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 13 de decembro ás 10:00 horas. As bases e o formulario de participación están dispoñibles na páxina web municipal, e as solicitudes poden presentarse presencialmente nas conserxerías dos mercados ou a través do correo electrónico inscripciones@totemgestion.com.
As prazas asignaranse os días 18 e 19 de decembro. O Concello anima ás familias a participar nesta iniciativa, que combina aprendizaxe e diversión para os máis pequenos durante as vacacións de Nadal.