Os grupos folclóricos de Oleiros únense no 'II Encontro Folclórico'

ACoruñaXa
O evento terá lugar o domingo 1 de decembro no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, con entrada libre
II encontro folclórico oleiros
25 Nov 2024

O Concello de Oleiros organiza o II Encontro Folclórico, unha cita imprescindible para os amantes da música tradicional galega. O evento celebrarase o próximo domingo 1 de decembro ás 18:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

No festival participarán cinco recoñecidos grupos da zona: Os Rueiriños de Nós, Santaia de Santa Cruz, A Marola de Mera, Folliñas de Oleiros e O Amanexo de Dexo. Cada agrupación traerá ao escenario unha mostra do rico patrimonio cultural galego, con músicas e bailes que representan a esencia da nosa tradición.

A entrada será libre e aberta para todas as persoas que desexen gozar dun serán cheo de música e tradición.

0.16013193130493