Os días 20 e 21 de febreiro Oleiros impartirá charlas sobre as facturas da luz e do gas
O Concello de Oleiros organiza charlas informativas sobre as facturas da luz e do gas natural que serán impartidas por especialistas da Escola de Enerxía da Fundación Naturgy.
Os días 20 e 21 de febreiro terán lugar na Casa Charry, en Oleiros, dúas charlas informativas sobre as facturas da luz e do gas natural impartidas por especialistas da Escola de Enerxía da Fundación Naturgy.
O obxectivos destas charlas é asesorar ás familias para axudarlles a aforrar nas súas facturas. Cada asistente poderá asesorarse cos especialistas na materia traendo a súa factura da luz/gas, sexa da compañía que sexa.
As persoas interesadas en participar destas charlas, tanto o día 20 como o 21 de febreiro; deberán reservar a súa praza a través do teléfono 981 610 000 ou a través do correo electrónico s.sociais@oleiros.org