Os Centros Cívicos da Coruña presentan a nova programación de actividades ata finais de ano

ACoruñaXa
Haberá propostas para todas os públicos, tanto para a rapazada como a mocidade, así como para as persoas en idade máis avanzada
Imaxe recurso de ioga
27 Aug 2024

O Concello da Coruña acaba de publicar a nova programación de actividades socioculturais para os centros cívicos municipais que terá lugar entre setembro e decembro deste ano. Esta oferta abarca un amplo rango de propostas para diferentes idades e intereses, desde obradoiros de memoria e talleres de aprendizaxe en novas tecnoloxías, até actividades de exercicio físico como pilates e ximnasia, pasando por manualidades, debuxo, pintura e talleres de conversación en inglés.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, subliñou a importancia deste programa para o desenvolvemento cognitivo e social das persoas participantes. “Este programa non só promove o crecemento persoal e sensorial, senón que tamén fomenta a conexión social entre os veciños e veciñas da Coruña, sen importar a súa idade”, destacou Canosa.

A preinscrición para estas actividades estará aberta entre os días 2 e 4 de setembro. Os interesados deberán cubrir un formulario na páxina web do Concello, ou chamar ao número 881 152 161 se non dispoñen de acceso a Internet. Cada persoa poderá inscribirse en até tres actividades e tres clubs por centro cívico. A prioridade para obter prazas será para as persoas empadroadas no municipio da Coruña. As listaxes provisionais e os resultados dos sorteos para a adxudicación de prazas serán publicados a partir do 9 de setembro, e a inscrición final realizarase entre o 23 e o 25 de setembro.

0.16044783592224