Os cativos de Abegondo realizan unha videoconferencia con Papá Noel

ACoruñaXa
Os nenos e nenas de 5 anos conectaron con Laponia para compartir as súas últimas peticións de Nadal
Papá Noel Abegondo
13 Dec 2024

O Concello de Abegondo inaugurou o seu programa de Nadal cunha videoconferencia moi especial con Papá Noel, celebrada no Aula Cemit. Os pequenos de 5 anos do CEIP San Marcos achegáronse ata a casa consistorial para conectar en directo coa súa residencia en Laponia.

A actividade estivo chea de nervios, timidez e moita ilusión. Un a un, os nenos colleron o micrófono para falar con Papá Noel, a quen podían ver en pantalla grande cun fermoso fondo nevado. Durante a charla, aproveitaron para facer as súas últimas peticións de agasallos e confesaron se se portaran ben ao longo do ano.

O tenente de alcalde, Alberto Seoane, foi o encargado de dar a benvida a Papá Noel en nome do Concello, agradecéndolle que dedicase un momento para saudar aos cativos e facer máxica esta apertura das festas de Nadal.

 

⚙ Configurar cookies
0.13016510009766