Os campamentos de verán da OMIX de Cambre acollerán a un centenar de mozos

ACoruñaXa
Haberá dúas convocatorias, unha para nenos e nenas nacidos do 2012 ao 2015 e outra para mozos e mozas nacidos entre o 2007 e o 2011
Imaxe dunha praia no Grove
30 Apr 2024

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Cambre organiza, un ano máis, os seus campamentos de verán. A proposta busca cumprir un dobre obxectivo: por unha banda, organizar alternativas de lecer para os mozos e mozas durante o período non lectivo e, polo outro, favorecer a conciliación das súas familias no verán. O Concello organizará dúas convocatorias en función da idade dos participantes ofrecendo un centenar de prazas (50 para cada unha).

O primeiro dos campamentos se levará a cabo entre o 2 e o 7 de xullo e estará dirixido a nenos nenas nacidos entre o 2012 e o 2015. O segundo terá lugar do 13 ao 24 de xullo e nel poderán participar os mozos nados entre o 2007 e o 2011.

Ambas as iniciativas desenvolveranse nun cámping do Grove e, ao longo da experiencia, os mozos e mozas terán ocasión de participar en actividades deportivas, náuticas (vela, windsurf e kaiak), xogos, talleres, veladas nocturnas, roteiros e tamén nunha acampada.

O prazo de inscrición estará aberto desde este xoves, 2 de maio, ata o día 13, e as persoas interesadas poderán inscribirse nos rexistros ou na sede electrónica do Concello.

0.13727211952209