Os autobuses reforzarán o servizo ao remate dos concertos das Festas de María Pita

ACoruñaXa
O dispositivo especial habilitará saídas desde Porta Real cara aos principais barrios da cidade durante a programación musical de agosto
Buses Coruña
27 Jul 2026

O Concello da Coruña porá en marcha un dispositivo especial de transporte público con motivo das Festas de María Pita, co obxectivo de facilitar os desprazamentos da cidadanía ao remate dos concertos programados durante o mes de agosto. O reforzo do servizo de autobuses urbanos comezará o sábado 1 de agosto e manterase durante todas as xornadas nas que haxa actuacións musicais na praza de María Pita.

A medida afectará aos concertos previstos os días 1, 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 13, 15 e 16 de agosto, incluíndo tanto o programa Noites de María Pita como as actuacións da praza durante o Festival Noroeste Estrella Galicia.

As saídas dos autobuses realizaranse de forma centralizada desde Porta Real a partir das 00.00 horas, unha vez rematados os concertos. O dispositivo permitirá reforzar as conexións cos principais barrios da cidade para facilitar o regreso das persoas asistentes sen necesidade de utilizar o vehículo privado.

As liñas que incrementarán o seu servizo serán a 1, con destino á Palloza, A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón e Monelos; a 1-A, cara a Catro Camiños, Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís; a 3, con destino a Durmideiras e Monte Alto; a 3-A, que conectará con Labañou e Os Rosales; a 6, cara á avenida de Fisterra, O Ventorrillo e Meicende; a 7, con servizo ata O Peruleiro, O Ventorrillo e Vila de Negreira; a 11, con percorrido por Juan Flórez, Os Mallos e Pla e Cancela; a 21, que dará cobertura ao Birloque e Novo Mesoiro; e a 24, con destino a Elviña e A Zapateira.

Ademais, durante todas as noites das festas continuará operativo o servizo nocturno de autobús. No sentido inverso, as expedicións sairán de Porta Real ás 00.05 horas con destino a Os Castros, O Castrillón, Monelos, Eirís, Palavea e a rolda de Outeiro. Pola súa banda, no sentido habitual, o servizo partirá ás 00.30 horas desde Labañou con destino á rolda de Outeiro, O Birloque e Novo Mesoiro.

PROGRAMA FESTAS

0.12356805801392