Os alumnos do CEIP Rabadeira celebarron o Día da Paz

ACoruñaXa
Un nutrido grupo de nenas e nenos achegouse á Casa Consistorial para facer un camiño de pedras simbólico que parte da entrada do Concello cara todos os lugares do mundo.
Visita CEIP RAbadeira_dia da paz
Visita CEIP RAbadeira_dia da paz
30 ene 2024

O alumnado do 5º e 6 º de primaria do CEIP Rabadeira celebrou hoxe o Día da Paz marcando un camiño de pedras diante  das portas da Casa Consistorial. Un camiño simbólico que parte da porta do Concello cara todos os lugares e pobos do mundo.

O alcalde, Ángel García Seoane, recibiu e conversou cos rapaces e rapazas sobre a paz no mundo e as inxustas guerras que están a romper familias e asasinar a milleiros de nenos e nenas inocentes, para finalmente emprazar a todos as crianzas a traballar por un mundo máis xusto, máis amable cos que precisan axuda e a seren os “verdadeiros soldados da paz mundial”.

Durante a tertulia co Alcalde, leuse a viva voz un manifesto a prol da paz realizado polo alumnado e o acto rematou coa construción do camiño da paz.