Organízase unha formación do marco xurídico aplicable a estranxeiras vítimas de violencia machista

A Delegación do Goberno na Coruña organiza unha actividade formativa que pretende afondar no marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero. O curso levarase a cabo o 4 de marzo no salón de actos da Delegación do Goberno entre as 10.00 e as 12.00 horas.
Nel a subdelegada do Goberno, dará a benvida as persoas participantes e realizará a presentación da xornada, cuxo relatorio correrá a cargo do xefe da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno na Coruña, Julio A. Simón Blanco. María Rivas, indicou que “con esta xornada queremos reflexionar conxuntamente sobre os procedementos, autorizacións e diferentes casuísticas que afectan ás mulleres estranxeiras, vítimas de violencia de xénero, que se achegan ás nosas institucións na procura de axuda e solucións”.

Os aspectos máis concretos que se queren abordar nesta xornada teñen que ver con temas como a autorización de residencia para mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero e/ou sexual, os procedementos de autorización provisional, o reagrupamento familiar, as ordes de protección internacional, etc.
O obxectivo é formar ao persoal dos servizos sociais e Centros de Información á Muller (CIMs), persoal das Organizacións non Gubernamentais (ONGs), integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade, letradas e letrados, e calquera profesional que traballe no campo da prevención da violencia de xénero e na atención ás vítimas; para que poidan ter unha información o máis ampla posible sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia machista.
A participación no curso é totalmente gratuíta. Todas aquelas persoas que desexen participar na actividade deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a unidades_violencia.acoruna@correo.gob.es indicando os seus datos persoais e a súa profesión.
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ten como principal obxectivo reivindicar e reclamar a igualdade plena en dereitos entre mulleres e homes, enmarcado dentro das conmemoracións promovidas por Nacións Unidas. Unha data na que recordarnos a todas e todos que os dereitos das mulleres, en moitas partes do mundo, aínda están por acadar.
A xornada enmárcase no programa de actividades organizado pola Subdelegación do Goberno da Coruña polo Día Internacional da Muller (8M), ao amparo do cal tamén está prevista a posta en marcha do primeiro punto violeta nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) da provincia, a colocación dunha pancarta na sede da subdelegación, así como a lectura da declaración institucional do Goberno con motivo do 8M.