Organizan dúas xornadas de voluntariado para combater a expansión do Helichrysum na costa de Dexo-Serantes
ACoruñaXa
O Concello convoca á cidadanía a participar na eliminación desta especie invasora o 23 e 24 de novembro
17 Nov 2024
O Concello de Oleiros organiza dúas xornadas de voluntariado para frear o avance do Helichrysum petiolare, unha especie exótica invasora que ameaza o Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes. A iniciativa, en colaboración coa Universidade da Coruña, levarase a cabo os días 23 e 24 de novembro na contorna dos Faros de Mera, comezando ás 10 da mañá.
O obxectivo principal é eliminar esta especie e continuar a investigación para a súa erradicación definitiva. As persoas interesadas poden inscribirse a través dun formulario en liña. Ademais, o Concello ofrecerá un petisco para agradecer o esforzo de todos os voluntarios. Para máis información, é posible contactar no teléfono 981 618 154 ou no correo electrónico turismo@oleiros.org.