Ordes organiza o campamento 'Eastercamp' na Semana Santa


O Concello de Ordes organiza o ‘EasterCamp’, un campamento de conciliación para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril.
O campamento desenvolverase na Semana Santa en colaboración con Escuela Contalento. O horario será de 9.00 horas a 14.00 horas e terá un prezo de 16 euros cun desconto do 50% para familias numerosas. O prazo para anotarse estará aberto ata o xoves 21 de marzo.
As inscricións deberán facerse a través da páxina web de escuelacontalento.es ou no departamento de educación na rúa Alfonso Senra 108 no 1º andar. Tamén se pode facer chamando ao 981 680 002.
Os nenos que participen poderán desfrutar de xogos, traballos manuais, dinámicas de grupo, música e movemento e disfraces, entre outras actividades.
