Ordes celebra o 5 de maio a súa XXVII Carreira Popular

ACoruñaXa
Na carreira popular de Ordes poderán participar tanto atletas federados como non federados
Imaxe recurso dunha carreira popular
Imaxe recurso dunha carreira popular
20 mar 2024

O Concello de Ordes celebrará o vindeiro domingo 5 de maio a XXVII edición da súa Carreira Popular  na localidade de Ordes, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo  a través da súa Delegación en Santiago de Compostela.

Na carreira poderán participar tanto atletas federados como non federados. O período de inscrición é gratuíto, agás a proba 8,5 K absoluta, e permanecerá aberto ata o luns 29 de abril ás 23.59 horas. Ademais, poderá facerse a través da páxina web de Carreiras Galegas.

A recollida de dorsais e os chips será na secretaría da competición sita a carón da Casa do Concello ata media hora antes do inicio da proba correspondente.

A saída será dende o Parque da Alameda. As probas a desputar son as seguintes: a 8,5 K absoluta que sairá ás 11.00 horas, a sub 10 e sub 12 que sairá ás 10.40 horas, a sub 14 e a sub 16 que sairá ás 10.10 horas e a baby e prebenxamín que será ás 10.00 horas.