Ordes celebra o 5 de maio a súa XXVII Carreira Popular
O Concello de Ordes celebrará o vindeiro domingo 5 de maio a XXVII edición da súa Carreira Popular na localidade de Ordes, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Santiago de Compostela.
Na carreira poderán participar tanto atletas federados como non federados. O período de inscrición é gratuíto, agás a proba 8,5 K absoluta, e permanecerá aberto ata o luns 29 de abril ás 23.59 horas. Ademais, poderá facerse a través da páxina web de Carreiras Galegas.
A recollida de dorsais e os chips será na secretaría da competición sita a carón da Casa do Concello ata media hora antes do inicio da proba correspondente.
A saída será dende o Parque da Alameda. As probas a desputar son as seguintes: a 8,5 K absoluta que sairá ás 11.00 horas, a sub 10 e sub 12 que sairá ás 10.40 horas, a sub 14 e a sub 16 que sairá ás 10.10 horas e a baby e prebenxamín que será ás 10.00 horas.