Ordes acende este venres as súas luces de Nadal e celebra un espectáculo de maxia
ACoruñaXa
O Concello instalou preto de 300 luces por todo o municipio

5 Dec 2025
O Concello de Ordes dará este venres 5 de decembro o pistoletazo de saída oficial ás festas de Nadal co acendido da súa iluminación. Preto de 300 elementos con luces LED de diferentes cores iluminarán as rúas da vila e tamén as parroquias do entorno rural.
Ademais, ese mesmo día, a Asociación de Empresarios de Ordes (AECOR) organizará un espectáculo de maxia no parque da Constitución, a partir das 18:00 horas. Participarán os magos Yago Barral, Álex de las Heras, Sena e Apolo Jr., cun show cheo de sorpresas e números sorprendentes.