Ordes abrirá en decembro o prazo para renovar e inscribirse nos cursos de natación

ACoruñaXa
As clases desenvolveranse entre xaneiro e marzo de 2027 na piscina climatizada Iván Raña Fuentes, con quendas diferenciadas para usuarios actuais, persoas empadroadas e non empadroadas
ORDES piscina ivan raña
29 Nov 2026

O Concello de Ordes abrirá o vindeiro mes de decembro os prazos de renovación e novas inscricións para os cursos de natación que se impartirán entre xaneiro e marzo de 2027 na piscina municipal climatizada Iván Raña Fuentes.

Os trámites poderán realizarse de forma telemática, a través da páxina web, ou presencialmente nas propias instalacións da piscina.

As persoas que xa participan nalgún dos cursos e queiran continuar terán do 1 ao 10 de decembro para formalizar a renovación da súa praza.

Datas para as novas inscricións

Unha vez rematado o período de renovación, abrirase o prazo para as novas solicitudes. As persoas empadroadas en Ordes poderán inscribirse entre o 11 e o 14 de decembro. A listaxe provisional publicarase o día 16 e o período de pagamento estará aberto ata o 20 de decembro.

No caso das persoas non empadroadas no municipio, as solicitudes poderán presentarse do 17 ao 20 de decembro. A listaxe provisional darase a coñecer o día 22 e o prazo para aboar a actividade será do 23 ao 27 de decembro.

Desde a organización lembran que as persoas admitidas nas listaxes provisionais recibirán por correo electrónico a correspondente carta de pagamento. O aboamento deberá realizarse obrigatoriamente mediante este documento e dentro do prazo asignado a cada grupo. Non se admitirán pagamentos fóra de prazo.

As listaxes definitivas de persoas inscritas publicaranse o 30 de decembro.

0.6580970287323