Ordes abre a convocatoria 2026 de bolsas para deportistas individuais cun fondo de 10.000 euros

ACoruñaXa
As axudas están dirixidas a persoas empadroadas no concello con licenza federativa e participación en competicións oficiais en 2025, e o prazo de solicitude é de 20 días hábiles
ORDES bolsas deportistas
13 Feb 2026

O Concello de Ordes vén de publicar as bases reguladoras das bolsas a deportistas individuais 2026, unha liña de apoio para fomentar a práctica deportiva e facilitar a participación en competicións oficiais. A convocatoria conta cunha dotación total de 10.000 euros e tramitarase en concorrencia competitiva.

Entre os requisitos principais figura ter nacionalidade española e estar nado en 2018 ou antes, levar empadroado en Ordes polo menos dous anos, dispoñer de licenza federativa en vigor e acreditar participación durante 2025 en probas oficiais de nivel autonómico ou superior e/ou convocatorias das seleccións galega ou española. As bases tamén recollen que non se pode ser beneficiario dunha bolsa ADO en 2025 e 2026 e que cómpre estar ao día coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

O Concello establece unha distribución orientativa das contías en 6 bolsas de 600 euros, 6 de 450 euros, 11 de 200 euros e 10 de 150 euros, e fixa unha puntuación mínima de 25 puntos para optar a axuda. As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado no prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto no BOP, a través do rexistro municipal ou polos medios habilitados.

⚙ Configurar cookies
0.080297946929932