Opinión: Cordas que non se apagan

AMariñaXa | ACoruñaXa
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
Julia-M.-Dopico-Vale-y-Pineiro
3 May 2026

Por Julia Mª Dopico Vale e Piñeiro

O 30 de abril acudín convidada por unha prestixiosa entidade coruñesa á presentación dun novo número da edición de tan recoñecida revista. Entre os seus artigos inclúese o de M.ª José Carralero Conde ‒ País Vasco ‒ que recupera a figura do arpista Nicanor Zabaleta ‒ Donostia, 1907 - San Juan de Puerto Rico, 1933 ‒; un dos mellores artistas do século XX formado en Madrid e París e vinculado a Galicia a través de Compostela cos grandes da música española como J. Rodrigo, Mompou, Esplá, Montsalvage ou García Abril, quen foi un día o meu mestre e de quen gardo tan grato recordo, encargándome hai anos un poema que veu titularse Vine a Compostela e que se estreou na Capela do Hostal da cidade peregrina con música do iraniano Yoav Levi.

Algo do que deixou testemuño escrito o doutor José Carro nas páxinas de El Correo Gallego. “Casualidades” ‒ e esta é só unha ‒ que transcorren por moitos lugares por min transitados e que definen parte da miña traxectoria artística e vital, conducíndome agora aos versos de Bécquer: Do salón no ángulo escuro / do seu dono quizais esquecida / silenciosa e cuberta de po / víase a arpa. / Canta nota durmía nas súas cordas / como o paxaro dorme nas ramas! / agardando a man de neve…. Nesta ocasión foron as níveas mans de M.ª José as que arrincaron as notas durmidas que un día seleccionou Zabaleta coa Pavana e Variacións de A. de Cabezón; as do primeiro compositor que escribiu para arpa orixinal no século XVII, Lucas Ruiz de Ribayaz, coas Hachas, unha danza que se realizaba con fachos acesos; La Source ‒ A Fonte ‒ do francés Alph. Hasselmans; o Apunte Bético de Gerardo Gombao e Negra Sombra, con todo o que o inmenso universo rosaliano implica. Unha selección de diferentes estilos históricos interpretados con elegancia cunha arpa de carballo e gravados de flores rosadas e douradas, tan do gusto da Italia, coas súas madeiras únicas e segredos de construción como os dos Stradivari, os Amati ou os Guarnieri.

Música sublimada, elegante e coidadosamente interpretada, como as evocacións que provocou na miña memoria e que unen un diverso mundo de rutas entrelazadas que parten rumbo a…

0.12620902061462