Oleiros xa conta con tres rutas declaradas sendeiros azuis europeos

ACoruñaXa
A entidade europea ADEAC (Asociación De Educación Ambiental y del Consumidor) é a encargada de entregar estes prestixiosos galardóns
O Castelo de Santa Cruz en Oleiros
14 Mar 2024

O Concello de Oleiros recibiu onte en Madrid tres galardóns europeos que recoñecen como sendeiros azuis europeos a Costa Libre do municipio, o Monumento Natural e o Bosque de Xaz. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral e a desprivatización e conservación do Bosque de Xaz fixo posible este importante recoñecemento.

 Oleiros xa contaba co recoñecemento de sendeiro azul europeo para a Costa Libre do municipio. Este ano recoñécense tamén outros dous sendeiros: o Bosque de Xaz e Seixo Branco-Furnas.

A entidade europea ADEAC (Asociación De Educación Ambiental y del Consumidor), que entrega estes prestixiosos galardóns; analiza a preservación e mellora das condicións ambientais existentes, a seguridade e facilidade de uso para os visitantes, e unha xestión integrada e coherente dos valores naturais, históricos, culturais e etnográficos que conforman o noso patrimonio litoral. A costa de Oleiros, desde a ría da Pasaxe ata Lorbé, e o Bosque de Xaz cumpren claramente con todos estes criterios de valoración.

Os sendeiros azuis son lugares ideais para a sensibilización ambiental, entendida esta como unha ferramenta que contribúe de forma significativa ao cambio social.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1853609085083