Oleiros subvencionará ás entidades deportivas coa fin de impulsar o deporte base

ACoruñaXa
O obxectivo desta convocatoria é fomentar a práctica do deporte en xeral, e particularmente o deporte de base
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
10 Xuño 2024

O Concello de Oleiros abre a convocatoria de subvencións dirixida ás entidades deportivas locais sen ánimo de lucro para a promoción e impulso de actividades deportivas durante este ano 2024. En total repartiranse 97.000 euros entre todos os colectivos.

O obxectivo desta convocatoria é fomentar a práctica do deporte en xeral, e particularmente o deporte de base. Ademais tamén se pretende incentivar o rendemento deportivo, así como a participación en competicións de alto nivel; promover a actividade de clubs e entidades deportivas cuxo marco de actuación sexa o municipio de Oleiros; e estimular o asociacionismo deportivo escolar e xuvenil.

Poden concorrer a estas axudas todas as entidades deportivas sen ánimo de lucro que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2023. O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde mañá ata o 2 de xullo a través da Sede Electrónica do Concello. As bases poden consultarse a través da seguinte ligazón.

0.17241287231445