Oleiros saca á venda 5 parcelas para facer vivendas plurifamiliares
O Concello de Oleiros saca a licitación 5 parcelas plurifamiliares libres do patrimonio municipal de solo por procedemento de poxa nas Oleiros, Perillo e Serantes.
Todos os interesados podes consultar o expediente administrativo e prego de cláusulas económico-administrativas particulares para o 'Alleamento de parcelas para a construción de vivendas plurifamiliares, integrantes do patrimonio municipal do solo, por procedemento de poxa' na Plataforma de Contratación do Sector Público desde o 19 de febreiro.
O prazo de presentación de ofertas remata o día 20 de marzo do 2024 ás 23.59 horas, debendo presentarse de xeito electrónico a través da plataforma de contratación, con arranxo aos requisitos previos establecidos en dita plataforma
As parcelas e os importes base de licitación son os seguintes:
PARCELA | REF. CATASTRAL | VALORACIÓN | IVE 21% | TOTAL |
M7-B do SUD-1 Cividáns-Mera |
3831606NJ5033S0001EG |
734.385,86 € |
154.221,03 € |
888.606,89 € |
R-2 do POL-31 A Rabadeira |
5383975NH5958S0001II |
208.469,19 € |
43.778,53 € |
252.247,72 € |
R-4 do POL-31 A Rabadeira |
5383977NH5958S0001EI |
452.478,01 € |
95.020,38 € |
547.498,39 € |
Parcela 2 do POL-15 Neira Vilas (36,76%) |
0885133NH5908N0000QW |
408.341,09 € |
85.751,63 € |
494.092,72 € |
R-1 POL-5 Mera - proindiviso 10% |
4032104NJ5043S0001QL |
128.833,66 € |
27.055,07 € |
155.888,73 € |