Oleiros publica as listaxes provisionais das subvencións para comedores escolares

ACoruñaXa
Ábrese un prazo de 10 días para subsanar erros nas solicitudes de axuda para o comedor escolar do curso 2024/2025
Imaxe recurso dun comedor escolar
18 Ago 2024

O Concello de Oleiros publicou as listaxes provisionais das solicitudes para as subvencións de comedor escolar do curso 2024/2025. Tras finalizar os prazos ordinario e extraordinario de presentación e despois da reunión da Comisión de Valoración, xa se pode consultar o estado das peticións.

A partir do próximo luns, iniciarase un período de 10 días hábiles, ata o 30 de agosto inclusive, para que as persoas interesadas poidan subsanar posibles erros nas súas solicitudes. As axudas outorgadas cubrirán entre o 40 % e o 100 % do custo do comedor, segundo a renda familiar de cada neno ou nena.

As familias beneficiarias comezarán a recibir as subvencións desde o inicio do próximo curso escolar. Para calquera dúbida, é posible contactar co departamento de Servizos Sociais do Concello. A listaxe provisional pode consultarse na web oficial do Concello de Oleiros.

0.16162586212158